Xa está aquí a III Edición de As Termas Suma!
Un ano máis realizaremos o concurso solidario As Termas Suma!, e con novidades!
As Termas Suma é unha iniciativa do Centro Comercial As Termas para apoiar economicamente ás asociacións sen ánimo de lucro lucenses e agora tamén a clubes deportivos, dándolles tamén a visibilidade que tanto necesitan.
Fai un par de anos lanzamos o noso primeiro concurso dirixido a organizacións, colectivos e ONG da provincia de Lugo que achegan valor, melloran a nosa contorna e axudan aos máis necesitados. Debido ao éxito de participación ano tras ano, lanzamos nosa terceira edición, respectando a dinámica das pasadas edicións, pero con algúns axustes.
Este ano, non só convidamos ás organizacións sen fins de lucro, senón que tamén incluímos unha categoría para clubes deportivos de calquera tipo na provincia de Lugo. Como nas demais ocasións, todas as organizacións e clubs deportivos que quixesen participar terían que presentar o seu proxecto, en formato vídeo, a través do botón PARTICIPA que aparece ó final deste texto, e estes someteríanse ao voto do público co obxectivo de decidir que proxectos (cada un na súa categoría) han de levar o premio. As Termas apoiaría economicamente ás entidades gañadoras, cun premio de 3.000 euros na categoría “Social” e 1.000 euros na categoría “Deporte”.
As datas do concurso serían as seguintes:
– Do 15 ao 26 de maio, recepción de proxectos en formato vídeo.
– Do 27 de maio ao 5 de xuño, por votación popular elíxense os finalistas.
– 12 de xuño, elección do gañador por parte do xurado.
Animámosvos a participar nesta iniciativa, non só porque o gañador recibirá un premio, senón tamén porque é unha oportunidade para promocionar e difundir o excelente labor que realizades en Lugo.
Se pertences ou dirixes unha asociación, ONG ou clube deportivo cun proxecto en Lugo, contacta connosco e non dubides en participar. Dende As Termas recoñecemos o enorme traballo e esforzo que facedes todas polo benestar de persoas e animais da provincia: Contade connosco!
Podedes consultar a mecánica de participación e as BASES aquí