RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

responsabilidade social corporativa ten un papel protagonista no Centro Comercial As Termas. É un reto poder influír coas nosas actividades cotiás na mellora da contorna social no que nos atopamos.

O modelo de xestión do Centro Comercial As Termas céntrase nos seguintes aspectos:

MEDIO AMBIENTE

ACCIÓNS SOLIDARIAS

INTEGRACIÓN SOCIAL

Contamos con máis de 800 persoas traballando no Centro Comercial e damos traballo a numerosas empresas lucenses que nos axudan a mellorar día a día. Así mesmo buscamos a integración de colectivos desfavorecidos na nosa contorna laboral.

CULTURA E DEPORTE

Efectuamos patrocinios de actividades deportivas da contorna así como eventos culturais, sociais ou deportivos que levan a cabo na provincia de Lugo.

OUTRAS ACCIÓNS

Prevención de riscos laborais.
Preocúpanos a seguridade das persoas que traballan connosco e coordinamos que todas as actividades que se realizan no Centro Comercial cumpran a normativa de prevención.

Canles de relación cos nosos clientes.
Poñemos ao dispor dos nosos clientes diferentes canles de relación para ofrecerlles información e que nos fagan chegar as súas opinións ou reclamacións. Contamos cun Punto de Información no Centro Comercial, unha web, o correo electrónico e un perfil en Facebook, Twitter, Instagram e Youtube.

Protección de datos.
Velamos pola seguridade dos datos e imaxes de todos os usuarios do Centro Comercial conforme á normativa vixente.

CERTIFICADOS