SOBRE NÓS

O complexo  As Termas de Lugo introduce un concepto de compra e lecer na capital lucense.  As Termas é un centro comercial especialmente pensado e deseñado para a poboación da cidade e as poboacións da provincia de Lugo.

Unha distribución racional e equilibrada dos espazos comerciais e de lecer converten ao Centro Comercial  As Termas no lugar ideal para todo tipo de públicos. A súa estratéxica situación xeográfica, amplos e cómodos accesos, e a súa completa e variada oferta, que inclúe un hipermercado, grandes e medianas superficies e tendas especializadas en todo tipo de produtos, cobre todas as necesidades do consumidor local, que non só acode a As Termas a efectuar as súas compras; senón que tamén goza dunha proposta de lecer e restauración única en toda a comarca.

A planta alta ofrece unha moderna oferta de lecer, con multitude de locais de restauración, amplas áreas de descanso ou 8 salas de cinema coa última tecnoloxía en son e imaxe entre outros servizos.

AsTermas 20Aniversario Logotipo Principal 200x140
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.