O humor e o deseño galego ten parada na planta baixa do noso centro comercial. Visita o stand de Reizentolo e descubre unha ampla selección de camisetas, suadoiros, complementos e agasallos con deseños orixinais, frases cheas de retranca e moita identidade galega.

Se buscas un detalle diferente, un recordo con personalidade ou simplemente es fan do humor e da cultura galega, este é o teu sitio. En Reizentolo atoparás produtos que mesturan creatividade, calidade e ese xeito tan noso de ver a vida.

Reizentolo é unha empresa galega que, desde 2003, deseña e confecciona as súas coleccións en Galicia, apostando pola produción de proximidade e por crear produtos con identidade propia. Cada peza reflicte o orgullo pola nosa cultura e a paixón polo deseño orixinal.

Achégate ao stand e descubre por que Reizentolo conquista tanto a quen é de aquí como a quen nos visita. Sexas de Galicia ou veñas de fóra, levarás contigo un recordo diferente, cheo de humor, deseño e esencia galega.

Se queres seguir descubrindo as súas novidades, tamén podes visitar a súa tenda en liña en reizentolo.es e seguir o seu perfil de Instagram: @reizentolo_oficial.

Ler máis Ler menos