982 219 752
660 214 907
Av. Infanta Elena Duquesa de Lugo, 213 27003 - Lugo |
  • Horario |
  • Como chegar
  • Aforo en tempo real
  • EspañolEspañol
  • GalegoGalego
  • Contacto |
Centro Comercial As TermasCentro Comercial As TermasCentro Comercial As TermasCentro Comercial As Termas
Acceder ao Club
dos disfrutones
  • Tendas
  • Restaurantes
  • Cinema
  • Promocións
  • Eventos
  • Servizos
  • Meu Centro
    • Horarios
    • Como chegar
    • Sobre nós
    • RSC
    • Oportunidades de negocio
    • Plano
    • Visita virtual
    • Whatsapp Shopping
  • Click&Shop
  • Club de los Disfrutones
    • Que é o Club?
    • Descontos
    • Sorteos e eventos do Club
    • Vantaxes
    • Únete ao Club de los Disfrutones
    • Aplicación disfrutones
  • Zona Disfrutones
  • Tarxeta Regalo
  • Capacidade en tempo real
  • Galego

POLÍTICA AMBIENTAL, DE SEGURIDADE E SAÚDE


CONDICIÓNS XERAIS DE WWW.CCASTERMAS.COM

O Centro Comercial AS TERMAS considera a excelencia medioambiental e a protección das condicións de seguridade e saúde no traballo como valores fundamentais da súa estratexia empresarial. Por iso, realiza as súas actividades protexendo o medio ambiente e ás persoas, conforme aos principios de desenvolvemento seguro e sostible e á xestión de riscos ambientais, implementando melloras que permiten protexer o edificio e o seu contorno, loitar contra o cambio climático, protexer a biodiversidade, así como reducir o consumo de recursos e materias primas, a xeración de residuos e as emisións inherentes á actividade.

En consecuencia, e en cumprimento destes compromisos ambientais e de seguridade, aplica os fundamentos da seguinte política ambiental e require ás empresas contratadas e aos provedores que presten os seus servizos cumprindo estes mesmos principios:

  • PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE, PREVENCIÓN E MINIMIZACIÓN DA CONTAMINACIÓN E PRESERVACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS: Adoptar medidas para a protección do medio ambiente e a prevención da contaminación de forma xeral, optimizando o consumo de recursos, priorizando o uso de recursos renovables, diminuíndo a cantidade de residuos e aplicando medidas para a redución de emisións.
  • INTEGRAR A SOSTIBILIDADE NA NOSA ESTRATEXIA EMPRESARIAL: Asegurar que a sostibilidade é unha prioridade e unha práctica, e garantir que os criterios que a conducen sexan adecuados ao contexto e propósito da nosa organización. Usar racionalmente os recursos e minimizar os impactos ambientais, así como a xeración de residuos, emisións e vertidos mediante a aplicación de procesos de mellora continua, o establecemento de obxectivos e metas ambientais, a mellora do ciclo de vida do activo, as mellores prácticas de operación e mantemento e a aplicación dos principios de economía circular.
  • INCORPORAR A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE NA TOMA DE DECISIÓNS: Considerar a biodiversidade como un elemento destacado á hora de optar por solucións no ámbito da planificación, implantación e operación das instalacións.
  • PROMOVER A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO: Fomentar o uso de enerxías renovables, promover o aforro e a eficiencia enerxética e prever a adaptación ás novas condicións derivadas do cambio climático.
  • POTENCIAR A INNOVACIÓN E O DESENVOLVEMENTO: Fomentar nas nosas instalacións a innovación e o uso das mellores tecnoloxías que apliquen criterios de eficiencia enerxética, consumo responsable de auga, uso racional dos recursos naturais e minimización dos residuos xerados.
  • FOMENTAR A MELLORA CONTINUA DO CICLO DE VIDA DO ACTIVO, OPERACIÓNS E PRÁCTICAS DE MANTEMENTO: Minimizar a xeración superflua e potenciar a reutilización e reciclaxe dos bens, así como a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • MELLORAR A PROTECCIÓN DO EDIFICIO: Avaliar os riscos ambientais co fin de verificar o estado do edificio fronte aos riscos naturais propios do seu contorno e adoptar medidas de mellora continua en función dos resultados obtidos.
  • MANTER UNHA CULTURA DE RESILIENCIA: Promover a adaptación aos cambios ambientais e, fundamentalmente, ao cambio climático, maximizando a resiliencia do activo.
  • CUMPRIR AS EXIXENCIAS LEGAIS E OUTROS REQUISITOS SUBSCRITOS E RESPECTAR A ÉTICA E OS VALORES: Manter un control permanente do cumprimento da lexislación vixente e doutros requisitos ambientais e de seguridade e saúde subscritos, revisar periodicamente o comportamento ambiental, así como requirir aos nosos contratistas e provedores que cumpran con estes mesmos principios.
  • PROPORCIONAR OS RECURSOS NECESARIOS: Dotar dos medios adecuados para que todo o persoal poida identificar e aplicar as directrices de sostibilidade no desenvolvemento do seu traballo.
  • CONSIDERAR OS CRITERIOS AMBIENTAIS NAS COMPRAS: Seguir os principios de compras sostibles na cadea de subministración, favorecendo a adquisición de produtos, bens e servizos respectuosos co medio ambiente.
  • RESPALDAR ÁS PERSOAS: Promover e participar en actuacións que fomenten a concienciación, formación e sensibilización e o progreso cara a un desenvolvemento sostible e de seguridade e saúde dos nosos traballadores, clientes, visitantes e da sociedade en xeral, como principio básico de mellora continua na nosa relación co medio ambiente e os grupos de interese vinculados ao Centro Comercial.
  • INFORMAR ACTIVAMENTE SOBRE OS RESULTADOS DO DESEMPENO AMBIENTAL: Comunicar activamente os resultados sociais, ambientais e as iniciativas en materia de sostibilidade.
  • PERSEVERAR NA MELLORA CONTINUA: Planificar a medio e longo prazo os obxectivos que son a causa e o efecto da mellora continua, sendo conscientes de que estes só son alcanzables mediante o esforzo e a debida adaptación aos cambios; revisar o Sistema de Xestión Ambiental e de Seguridade e Saúde co fin de introducir os cambios necesarios para conseguir os obxectivos de mellora fixados, orientados a reducir o consumo de recursos naturais (enerxía e auga) e a minimizar os residuos xerados e favorecer a súa reciclaxe; así como fomentar a conservación dos recursos mediante a implantación de prácticas de redución, reutilización e reciclaxe.
  • PREVIR OS DANOS E DETERIOROS DA SAÚDE DERIVADOS DOS RISCOS LABORAIS: Garantir que se adoptan as medidas necesarias para xestionar adecuadamente as condicións de seguridade e saúde nas que se desenvolven as actividades, co fin de previr os danos e/ou deterioros da saúde que poidan sufrir os traballadores propios, os traballadores das empresas contratadas, locais comerciais e cesións de espazo ou calquera outra persoa con acceso ao Centro Comercial.

Este documento serve como marco para o establecemento da estratexia, os plans e o día a día da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial AS TERMAS no desenvolvemento das súas actividades e está á disposición pública.

Obxectivos implementados en 2023

  • REDUCCIÓN DO CONSUMO ENERXÉTICO UN 2%

Mellora a conseguir: Substituír o consumo de combustibles fósiles nos xeradores eléctricos por enerxía eléctrica procedente de fontes renovables.

  • REDUCCIÓN DO CONSUMO DE AUGA UN 2%

Mellora a conseguir: Mellorar a sustentabilidade e o custo económico no consumo de auga.

  • INSTALACIÓN DE BASES PARA SINALIZACIÓNS VERTICAIS DE ESTACIONAMIENTO

Mellora a conseguir: Aumentar a seguridade e evitar accidentes con sinais e riscos de caída de clientes

  • INSTALACIÓN DE MÁQUINA DE RECOLLIDA DE CONTENEDORES

Mellora a conseguir: Promover a segregación e reciclaxe de residuos. Concienciar aos clientes da importancia da reciclaxe

Contacto Aviso legal Política de Privacidade Política de cookies

Desenvolvido por: Valor de Ley

  • Tendas
  • Restaurantes
  • Cinema
  • Promocións
  • Eventos
  • Servizos
  • Meu Centro
    • Horarios
    • Como chegar
    • Sobre nós
    • RSC
    • Oportunidades de negocio
    • Plano
    • Visita virtual
    • Whatsapp Shopping
  • Click&Shop
  • Club de los Disfrutones
    • Que é o Club?
    • Descontos
    • Sorteos e eventos do Club
    • Vantaxes
    • Únete ao Club de los Disfrutones
    • Aplicación disfrutones
  • Zona Disfrutones
  • Tarxeta Regalo
  • Capacidade en tempo real
  • Galego
Centro Comercial As Termas
Para poder ver y usar el cupón de descuento debes ser miembro del Club Disfrutones. Regístrate aquí
Para poder ver el producto debes ser miembro del Club Disfrutones. Regístrate aquí
Para poder disfrutar de todas las ventajas del Club regístrate aquí

Neste sitio web recollemos datos persoais con cookies propias para xestionar o funcionamento e a seguridade da páxina e utilizamos cookies de terceiros para elaborar estatísticas co fin de ofrecerche publicidade personalizada. Podes obter máis información consultando a nosa Política de cookies, así como decidir que cookies queres que se instalen en Preferencias.

astermas-logo
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Cookies adicionales

Esta web utiliza las siguientes cookies adicionales:

(Lista aquí las cookies que estás utilizando en la web.)

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!