VI Edición As Termas Suma

VI Edición As Termas Suma

Xa está aquí a VI Edición de As Termas Suma!

As Termas Suma volta coa súa sexta edición!


As Termas Suma é unha iniciativa do Centro Comercial As Termas para apoiar ás asociacións sen ánimo de lucro lucenses, dándolles a visibilidade que tanto necesitan e unha axuda económica.

Fai cinco anos lanzamos o noso primeiro concurso dirixido a organizacións, colectivos e ONG da provincia de Lugo que achegan valor, melloran a nosa contorna e axudan aos máis necesitados. Debido ao éxito de participación ano tras ano, lanzamos nosa sexta edición.

Como nas demais ocasións, todas as organizacións que quixesen participar terían que presentar o seu proxecto, en formato vídeo, a través do botón PARTICIPA ao final deste texto, e estes someteríanse ao voto do público co obxectivo de decidir cal proxecto leva o premio. As Termas apoiaría economicamente á entidade gañadora cun premio de 3.000 euros.

As datas do concurso serían as seguintes:

  • Ata o 31 de maio, recepción de proxectos en formato vídeo.
  • Do 1 ao 10 de xuño, por votación popular elíxense os finalistas.
  • 17 de xuño, elección do gañador por parte do xurado.

Animámosvos a participar nesta iniciativa, non só porque o gañador recibirá un premio, senón tamén porque é unha oportunidade para promocionar e difundir o excelente labor que realizades en Lugo.

Se pertences ou dirixes unha asociación cun proxecto en Lugo, contacta connosco e non dubides en participar. Dende As Termas recoñecemos o enorme traballo e esforzo que facedes todas polo benestar de persoas e animais da provincia: Contade connosco!

PARTICIPA

BASES

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.