As Termas celebra o acendido das luces de Nadal cunha tarde chea de maxia
As Termas dará a benvida ao Nadal o vindeiro venres 27 de novembro co tradicional acendido das luces nadalegas, un momento moi especial que marcará o comezo destas festas no centro comercial.
A cita terá lugar ás 18:00 horas na Praza de Zara, onde familias e visitantes poderán reunirse para gozar deste momento tan agardado e deixarse contaxiar pola ilusión nadalega.
Para acompañar a celebración, contaremos coa animación do Mago Rafa, que encherá a tarde de maxia, sorpresas e diversión para pequenos e maiores.
Unha oportunidade perfecta para gozar en familia, compartir a ilusión destas datas e darlle xuntos a benvida ao Nadal en As Termas.
Ven vivir connosco o acendido das luces nadalegas!
O Nadal comeza en As Termas.