Doazón de Xoguetes 2025
Tes algún xoguete novo ou usado pero en bo estado que o teu pequeno/a desexe doar? nós recollerémolo encantados!
Un ano máis, do 1 ao 24 de decembro, faremos unha recollida de xoguetes no Punto de Información de As Termas que irán destinados á Asociación de Veciños Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa. Eles encargaranse de preparalos e entregalos ás familias sen recursos e en risco de exclusión social.
Todos os nenos teñen dereito a un xoguete polo nadal e entre todos podemos conseguilo: bótasnos unha man?