Restaurante KOA POKE
O Centro Comercial As Termas incorpora o primeiro local de Koa Poke en Lugo. A cadea galega ofrece opcións saudables e en tendencia, como pokes, baos, sándwichs coreanos, bowls de yogurt ou açaí, zumes ou shakes a través do seu concepto de cociña non stop, servindo almorzos, comidas, merendas e ceas.
Esta cadea de restauración galega, que xa conta con outros seis locais en Vigo, Santiago, Ourense e Xixón, posicionouse coma a alternativa sa á comida rápida.
Dende os poke bowl, que dan nome ao restaurante, ata sándwichs coreanos, baos, gyozas e bagels. Tamén se pode gozar dos populares bowls de açaí bio 100% ou yogurt, acompañados de froita fresca, sementes, froitos secos ou cremas de pistacho, cacahuete, cacao ou arando.
A súa carta de bebidas naturais é extensa, con zumes que combinan vexetais como a cenoria, o xenxibre ou o cogombro; shakes con ingredientes tan especiais como a espirulina e extras de proteínas veganas, ademais de matchas e chai lattes.
Koa Poke aposta por elaboracións sinxelas, apetecibles e sas, baseadas en produtos de calidade e proximidade, perfectas para comer no local ou levalas a calquera parte. O estilo de vida saudable e o coidado da contorna forman parte esencial dos valores de Koa Poke.

