- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Moda xuvenil
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 256 196
- Código: 54
Tenda Esprit
Esprit é un tenda de venda de roupa de moda, atópase situada no Centro Comercial As Termas, en Lugo.
O estilo desenfadado e a energia relaxada que transmiten os deseños das súas pezas, fan de Esprit unha das tendas de roupa de moda máis demandada por clientes esixentes, que busca deseño, calidade, tendencia e espírito nas súas pezas de vestir. Porque o que levas posto, non é só roupa, en Esprit, cada peza é unha expresión dun estado de ánimo, dunha filosofía.
En Esprit, terás a oportunidade de atopar a máis completa colección para mulleres, homes e nenos, as nosas liñas de produtos divídense en «»CASUAL»»: muller, home, neno, bodywear, roupa de baño, accesorios e calzado. « COLLECTION»: muller, home e bodywear. « EDC BY ESPRIT»: muller, home, moda nova e bodywear. « SPORTS»: muller e home. « LIFESTYLE & HOME»: reloxos, bixutería, lentes, fragrancias, medias e calcetíns, home, paraugas, papelería…
En Esprit do Centro Comercial As Termas somos conscientes da importancia vital dos nosos recursos naturais e medio ambiente, por iso, creamos en 2011, un Grupo de Traballo para a Sustentabilidade SWG, o encargado de crear mecanismos e estratexias dedicadas ao coidado do medio ambiente e redución da pegada ecolóxica, en en todos os nosos procesos de produción e venda.
Cando visites o noso establecemento, no Centro Comercial As Termas gozarás dun ambiente relaxado, cálido e acolledor, no que sentiraste cómodo e inspirado.