
- Categoría: Beleza
- Actividade: Coidado de mans e pés
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 628 14 66 58
- Web: Visitar páxina
- Código: 09
Tenda Nails Factory
Nails Factory é un espazo dedicado ao coidado das mans e dos pés situada dentro do Centro Comercial As Termas de Lugo, e onde poderás gozar sempre de ter as túas uñas e os teus dedos nun perfecto estado e ser a envexa das túas amigas.
A idea orixinal de Nails Factory provén da empresaria Yolanda Beltrán quen, grazas á súa experiencia en viaxes polo exterior, deuse conta de que o que a xente demandaba eran centros profesionais de beleza onde os clientes puidesen coidarse unhas das partes máis importantes do corpo: as mans e os pés. O primeiro centro de beleza naceu en 2008 e, desde entón, non parou de crecer. Tanto é así, que a tenda Nails Factory do Centro Comercial As Termas de Lugo é unha das máis de 80 que están repartidas por toda a xeografía nacional.
En Nails Factory preocúpanse de estar á vangarda no desenvolvemento de novas técnicas, novos servizos e novos produtos. Por exemplo, en Nails Factory poderás gozar dunhas uñas de xel, máis resistentes que as que se colocan habitualmente. Tamén uñas de acrílico, cuxa principal vantaxe é que poden ser aínda máis longas que as de xel. Por suposto tamén te poderás facer unha manicura ou unha pedicura estrela.
As mellores promocións tamén están sempre dispoñibles en Nails Factory do Centro Comercial As Termas de Lugo, con vales de agasallo ou promocións que inclúen varios produtos ou servizos a un prezo inmellorable. Agardámoste en Nails Factory de As Termas.

