- Categoría: Alimentación
- Actividade: Nutrición e dietética
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 219 616
- Código: 9
Tenda Mel-Fror
Mel- Fror é unha empresa familiar afincada en Lugo dende 1986, ano no que abriron a súa primeira tenda. Grazas a anos de esforzo e a confianza dos seus clientes nos seus produtos de nutrición e dietética, Mel- Fror conta con 6 tendas distribuídas pola cidade de Lugo. Unha das súas tendas está situada no Centro Comercial As Termas de Lugo.
Mel- Fror especialízase en dietas de control de peso e contan para desenvolvelas con profesionais da nutrición. En Melfror ofrécese un servizo de consultas gratuítas co que asesorar ao cliente, personalizando a dieta óptima segundo as necesidades de cada persoa. Este servizo de Mel- Fror desenvólveno profesionais diplomados en nutrición humana e dietética sendo moi beneficioso para persoas que sofren colesterol, hipertensión ou outros problemas de saúde ou que simplemente queren perder peso dun modo saudable.
En Mel- Fror ademais dun excelente servizo de asesoramento, ofrecen produtos ecolóxicos en grao sumo variados. En Mel- Fror os clientes atoparán un amplo abanico de produtos de alimentación ecolóxica, entre eles alimentos para persoas diabéticas ou produtos de cosmética natural moi beneficiosos. Se o cliente busca infusións e extractos de plantas, complementos dietéticos, alimentos saudables, coidados para o seu bebé ou penso vegetariano para a súa mascota, na tenda Mel- Fror do Centro Comercial As Termas atopará exactamente o que busca.