- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Calzado
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 108 110
- Web: Visitar páxina
- Código: 31
Tenda Deichmann
Na nosa tenda poderás atopar unha gran diversidade de calzado para home, muller e neno, ademais de accesorios como bolsos. En Deichmann somos líderes na distribución de calzado en Europa e caracterizámonos por ofrecer zapatos de moda de calidade para toda a familia a un prezo imbatible. Nas nosas tendas poderás atopar o calzado que mellor se adapte ao teu estilo e forma de vestir.
A parte de contar con marcas propias como Catwalk, Graceland e 5 th Avenue para muller, AM Shoes, Venice e Mempis One para home, ou Cupcake Couture e Bobbi Shoes para nenos; tamén contamos coas marcas deportivas máis coñecidas do mundo do calzado como Adidas, Nike, Puma, Fila, Skechers ou Reebok.
Grazas ao seu formato almacén con espazos luminosos, amplos e optimizados o poderás atopar de maneira fácil os modelos e as tallas xa que quedan expostos a total disposición do cliente para unha experiencia de compra excelente. Aínda así, se desexas asesoramento poderás recibilo por parte do noso persoal especializado.
En Deichmann tamén che ofrecemos o servizo “ Deichmann envíacho”, co que, se non atopas un modelo ou talla específico na tenda, tes a posibilidade de pedilo aí mesmo e enviámoscho directamente ao teu domicilio.
Ademais das máis de 60 tendas físicas que temos en España, tamén contamos cunha tenda en liña onde atoparás unha selección de tallas XXL, tanto para muller como para home, así como artigos exclusivos en liña de última tendencia.
Visítanos na nosa tenda Deichmann do centro comercial As Termas de Lugo e descobre todo o que temos por ofrecerche!